Rehabilitación en Portosín, «Restaurante Nordestada».

Rehabilitación en Portosín, «Restaurante Nordestada».

No post anterior falábamos das fachadas en primera liña, de como poden afectar os ventos e a intemperie e as solucións que aportamos desde INCOR SOLUCIONES.

Pois ben…, seguimos falando de ventos, pero gastronómicos.

O pasado mes de Xullo inaugurouse o restaurante «Nordestada» capitaneado por Nel Parada, un chef experimentado de Ribeira que decidiu montar o seu propio restaurante na antiga lonxa de Portosín; edificación de mediados do século pasado, no corazón do peirao.

O novo restaurante xa goza dunha boa acollida e caracterízase pola frescura que aporta na vila, tanto na decoración coma no seu produto.

En Incor Soluciones aportamos toda a nosa experiencia para adaptar o espazo a un novo modelo de negocio de vangarda.

O resultado da rehabilitación mostra un local con esencia mariñeira con materiais nobres e diáfanos creando unha sensación dun espazo novo con historia.

Totalmente recomendable.

Sorte Nordestada!

Los comentarios están cerrados.